Xestión académica e de Centros

A nosa actuación na organización da xestión académica dos Centros estará norteada polas seguintes liñas de actuación:

  1. Redefinición e redimensionamento do papel das UXAS e do COIE en relación coa situación da administración e dos servizos nos Centros, para superar a tensión existente e a procura do equilibrio necesario entre centralización e descentralización de servizos nos mesmos.
  2. Creación nos Centros dunha unidade que centralice o acceso á información propia ou allea e á xestión do propio Centro (mantemento, xestión económica…) e que resolva todas as necesidades técnicas e materiais de apoio á docencia e a xestión e difusión da investigación. Trátase de unidades que dean cobertura e apoio técnico para satisfacer a demanda crecente de atender esas funcións o máis preto posíbel dos usuarios/as e do xeito máis áxil.
  3. Simplificación dos procesos administrativo-burocráticos vinculados á organización, avaliación e acreditación dos títulos. Isto implica o apoio administrativo necesario e o fornecemento de medios eficientes, en coherencia coa proposta anterior.