Área de apoio á investigación

No referido á xestión xerencial dos servizos de apoio á investigación sinalámonos as seguintes directrices de traballo:

  1. Reestruturación completa da área co obxectivo de conseguir definir claramente os ámbitos ligados á xestión da investigación, da transferencia e do emprendemento.
  2. Potenciación do apoio técnico directo aos investigadores a través da maior cualificación e especialización do persoal técnico de investigación xa existente e, no seu caso, do recrutamento de novo persoal que atenda axeitadamente estas funcións.
  3. Análise e toma de decisións para corrixir situacións de precarización do PAS que desenvolve servizos de apoio á investigación e dos efectos derivados das mesmas nas RPTs.