Mellora da acción exterior da USC

Guiarán a nosa acción de goberno para o mellorar a proxección exterior da USC os seguintes criterios reitores:

  1. Dar prioridade estratéxica á promoción de propostas para situarnos na acción 1 –Master Erasmus Mundus e Joint Doctorate Erasmus Mundus– no nivel de liderado que estamos na 2 ­–External Cooperation Window–.
  2. Intensificar as políticas de apoio aos proxectos de investigación coordinados desde a USC que sexan máis competitivos no ámbito europeo.
  3. Procurar titulacións interuniversitarias con universidades de referencia coa intención de incrementar a proxección social e internacional da nosa oferta académica.
  4. Redefinir a participación da USC na rede internacional da que é cerne, o Grupo Compostela, para tornala nunha plataforma estratéxica da nosa proxección exterior.
  5. Estabelecer as bases para a creación dunha rede organizada que permita aproveitar todo o potencial de proxección viral da USC a partir da rede informal que forman galegos, descendentes de galegos/as e/ou licenciados/as ou doutorados/as da USC no mundo conformando a rede USC-World.
  6. Encamiñar a estratexia de acción institucional no estranxeiro a reforzar a posición da USC en Europa, Latinoamérica e África -con atención aos países lusófonos- e accións específicas e ben dirixidas en Asia.
  7. Acrecentar a cooperación e compartir recursos coas outras dúas universidades galegas para a proxección exterior do SUG, establecendo un sistema coordenado das tres universidades coa Xunta para a proxección internacional e a realización de actividades, favorecendo as economías de escala. Creación dunha Comisión de Coordenación Internacional das Universidades Galegas.