Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento

A USC atesoura unha vizosa experiencia na transferencia internacional de coñecementos e investigación aplicada e unha recoñecida posición de liderado que debe ser mobilizada en favor de novas estratexias de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento e que queremos materializar impulsando as seguintes actuacións:

  1. Impulsar e dotar adecuadamente a Unidade de Cooperación, dependente funcionalmente do Comisionado de Internacionalización, que apoie, desenvolva e xestione as actividades de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento da USC.
  2. Reforzar a liña actual de participación da USC como líder en proxectos de cooperación internacional nos programas competitivos das distintas administracións tanto nacionais como internacionais (Erasmus Mundus External Cooperation Window, Programas de Cooperación Internacional da AECID e outros).
  3. Encamiñar a estratexia de acción institucional da USC á colaboración cos demáis axentes da cooperación exterior galega (Xunta de Galicia, empresas, ONG, etc.) para reforzar e liderar o papel da Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento na mesma.
  4. Impulsar a cooperación universitaria ao desenvolvemento como vía nova e prioritaria de transferencia de tecnoloxía e coñecemento no ámbito internacional. E tamén como vía de desenvolvemento para os nosos equipos de investigación.
  5. Pular a creación da Axencia Galega de Cooperación Exterior Universitaria, en substitución do desaparecido IGACI, para a canalización de recursos neste ámbito.