Competitividade internacional dos nosos recursos humanos

Estamos comprometidos coa conversión da USC nun nodo relevante das redes colaborativas que se están a construír, garantindo unha presenza activa orientada a facer máis recoñecíbeis a nosa investigación e docencia ao tempo que creamos novas posibilidades para o desenvolvemento de docentes, PAS e estudantes. Con esta perspectiva definimos as seguintes actuacións:

  1. Impulsar o establecemento de redes de colaboración entre o PDI e o PAS da USC e os de outras universidades estranxeiras que facilite a incorporación de novas prácticas que reforcen o funcionamento da USC, mediante a organización de sesións semestrais.
  2. Facilitar a aprendizaxe de linguas estranxeiras ao PDI, PAS e estudantado da USC, con cursos específicos de vocabulario técnico, material de autoaprendizaxe  e facilidades de matrícula.
  3. Fomentar a docencia en inglés nos másteres, cun recoñecemento do traballo do profesorado e o recoñecemento no expediente do alumno.
  4. Promover as políticas de intercambio para favorecer as estadías no exterior de xeito que o estudantado da USC poida optar a elas a través dalgún dos programas de mobilidade cando menos durante un cuadrimestre.