Captación de estudantado estranxeiro

Liñas de actuación que atenderemos de modo prioritario para facer máis accesíbel a nosa Universidade ao estudantado estranxeiro son:

  1. Fortalecer o Servizo de Relacións Exteriores coa achega de recursos humanos e materiais que lles permitan xestionar programas de captación de recursos e convertelo no centro de referencia para o estudantado foráneo co obxectivo de fornecelo de información práctica durante a súa estadía na USC. Constituír un “USC International Center”.
  2. Relanzar o programa de acompañamento de estudantes estranxeiros/as como vía de integración para eles e de cooperación e aprendizaxe para os nosos e as nosas estudantes.
  3. Potenciar a oferta de cursos internacionais de galego e castelán.
  4. Negociar coas Administracións Públicas un decreto de taxas que permita diferenciar o prezo pagado por estudantes procedentes de fóra da Unión Europea.
  5. Promover dobres titulacións interuniversitarias con aquelas Universidades coas que existen relacións docentes e investigadoras de intercambio consolidadas e onde a demanda do seu estudantado polos nosos títulos sexa significativa.