Un goberno de principios

A nosa idea da USC é a dunha universidade pública europea que garanta a integración e a participación caracterizada pola codecisión. Unha universidade aberta e en positivo capaz de construír un proxecto de futuro. Estableceremos as garantías e as condicións para facelo, indicando onde queremos chegar e definindo como podemos chegar. O noso modelo é o da participación e a eficacia, a nosa forza a capacidade de gobernarnos autonomamente con responsabilidade.

A mellora da USC é o principio activo do noso goberno. Queremos facelo, sabemos facelo e é necesario facelo con novos principios de goberno:

  • A transparencia e a accesibilidade á información.
  • Diálogo e procura de consenso, vontade de integración, atención coidadosa á discrepancia e á diferenza para pular a cohesión da comunidade e a institución universitaria.
  • Garantía dun marco estábel de igualdade de oportunidades.
  • Exercicio do goberno sobre os intereses compartidos pola comunidade universitaria, liberándonos das hipotecas de grupos ou plataformas particulares
  • Asumírmonos como universidade completa.
  • O impulso de política de apoio para mellorar os nosos rendementos.
  • Regras claras e consensuadas para o funcionamento da USC; un marco de regulación con garantías, resultado de políticas coparticipadas e participativas.
  • Deseño de políticas de discriminación positiva para atender de xeito diferente as diferencias, garantindo a equidade como guía do autogoberno da USC.
  • Establecer a recompensa ao esforzo, non ao labor mínimo e obrigatorio.
  • A asunción colectiva dunha cultura xerencial e da profesionalización da xestión.
  • A afirmación da USC como servizo público e socialmente responsábel.
  • A asunción dunha cultura fiscal e do esforzo e a contribución ao ben común coa achega de todos e todas nós.