Reestruturación dos servizos técnicos de infraestruturas e profesionalización da xestión
Para abordar as tarefas propostas de reorientación estratéxica da política de infraestruturas e sustentabilidade ambiental da USC é preciso dispor dun modelo de xestión e duns servizos técnico-administrativos capaces de acadar tres obxectivos:
- Responder en tempo e forma ás necesidades e actuacións demandadas polos usuarios e as usuarias.
- Identificar as necesidades e planificar a súa solución.
- Estudar o xeito de mellorar a eficacia económica e técnica dos servizos de mantemento.
Para conseguir estes obxectivos realizaremos unha reforma na xestión que distinga entre a xestión política e a xestión profesional. Para isto consideramos que se debe:
- Profesionalizar unha parte da xestión de infraestruturas e mantemento, facendo recaer sobre a xerencia ou vicexerencia correspondente a xestión ordinaria da que hoxe se ocupan as Vicerreitorías.
- Centrar o traballo das Vicerreitorías na análise, planificación, xestión e seguimento.
- Reestruturar as actuais OXI e OAU e, se fose necesario algún outro servizo para crear unha estrutura técnico-administrativa que serva ao novo modelo de actuación proposto.
- Crear unha Oficina Ambiental ligada ao ámbito das infraestruturas, cos recursos técnicos e humanos suficientes para desenvolver un labor efectivo.

