PLANIFICACIÓN
En relación coas necesidades de planificación explicitadas considérase prioritario aumentar a capacidade de coordenación, participación e definición estratéxica de toda a institución, non só do equipo reitoral. Para iso, iniciaremos un proceso coparticipado de reflexión entre todos os núcleos de responsabilidade na USC, creando espazos de diálogo bilateral cos centros, e reforzaremos a planificación transversal e unívoca das áreas de goberno co obxectivo de deseñar con eficacia e corresponsabilidade programas coñecidos, claros e vinculantes que doten de seguridade nas previsións aos diferentes sectores e ámbitos de actuación da USC, de xeito que atendan as necesidades básicas docentes e investigadoras, prevean a medio e longo prazo as situacións de precariedade ou insuficiencia, e definan as infraestruturas precisas e os planos de investimento, dando atención preferente ao desenvolvemento docente e investigador e á cohesión dos centros.
O seguimento dos procesos de calidade debe ir acompañado tamén de adecuadas decisións estratéxicas que requiren de deseño, contrastación, diálogo coas instancias universitarias implicadas, planificación e seguimento axeitado. O elevado nivel de competitividade na educación superior obriga a facer un control continuado dos diferentes indicadores de calidade e desempeño científico (participación en proxectos, produción científica,…), de innovación e transferencia de coñecemento, de internacionalización (investigadores estranxeiros, mobilidade internacional, etc.), de docencia… que definen a posición internacional da institución. Este seguimento debe servir para emprender accións de impulso e o aproveitamento dos nosos recursos do xeito máis solvente e eficaz para reforzar as posicións de liderado da USC.
Serán liñas mestras da nosa acción de goberno:

