Novas orientacións da formación continua

A concepción dos másters universitarios coa dupla función de especialización inicial e de formación continua/reciclaxe require dun modelo de máster que supere a fórmula da dedicación completa e presencial. Hai pois que impulsar as vías de formación semipresencial se aspirarmos a que os másteres se dirixan tamén a demandantes potenciais inseridos no ámbito laboral.

Canto á oferta formativa especificamente dirixida ao mundo profesional, é necesario reorientala, incidindo nun perfil máis claramente definido con base nas necesidades / demandas dos/as profesionais en exercicio, tanto en obxectivos e contidos como en extensión, estrutura e organización.

Na medida en que forme parte dos obxectivos e a función social propia da Universidade, en atención ás necesidades da súa contorna, debe encadrarse na función propia tamén do profesorado e contemplarse especificamente na súa dedicación docente.