CULTURA E COMPROMISO SOCIAL

A universidade é un motor e un laboratorio social e quere ser modelo de compomiso social.
Os servizos universitarios, especialmente as súas residencias e colexios maiores son bens públicos ao servizo da sociedade que pemiten que moitos estudantes das clases menos favorecidas poidan formarse na universidade pero tamén son ferrramentas de participación e aprendizaxe de cualidades cívicas e habilidades sociais.
Os seus servizos deportivos, cubren necesidades do seu entorno social e a cultura universitaria concíbese desde e pola universidade para a sociedade. Os estudantes son, de feito, a parte da sociedade que está este momento na universidade e a nosa máis privilegiada relación con ela. Por iso iso as residencias son un fin social e non un premio, de aí que os servizos de deportes que nos comprometemos a completar en Lugo, potenciarán a integración e o coidado da saúde da comunidade universitaria e a cidadanía, e por esa razón crearemos un Centro de Difusión e Coñecemento do Patrimonio Cultural e Científico da USC e reforzaremos a Universidade de Verán, para mellorar a nosa conexión coa sociedade e para procurar servirmos de modelo.