Socorro Rodríguez Holguín

Vicerreitoría de Política Académica

(Vigo, 1966) Profesora Titular de Universidade de Psicobioloxía desde 2001. Licenciada (1990) e doutora (1996) en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre marcadores neurocognitivos de risco familiar ao alcoholismo (premio extraordinario, 1996). Completou a súa formación de postdoutoramento na State University of New York. Como investigadora, ocúpase no estudo dos correlatos psicofisiolóxicos de procesos cognitivos e a súa utilidade como indicadores de risco neurocognitivo en poboacións especiais. A súa docencia desenvólvese na Licenciatura/Grao en Psicoloxía, e no Máster Universitario en Investigación en Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía; participa tamén no Máster Interuniversitario en Neurociencia. É actualmente decana da Facultade de Psicoloxía. Con anterioridade foi vicedecana do mesmo Centro, secretaria do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía e directora do Colexio Maior Rodríguez Cadarso.