Pablo Ángel Meira Cartea
Vicerreitoría de Cultura e Compromiso Social
(Vigo, 1961) Doutor en Ciencias da Educación con Premio Extraordinario (USC). Profesor Titular do Departamento de Teoría, Historia e Pedagoxía Social na Facultade de Ciencias da Educación. Membro do Grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). De 1993 a 1995 foi investigador invitado no CREA da Universitat de Barcelona. Investigador no campo da Educación Ambiental e nas das representacións sociais do cambio climático. Traballa nas estratexias territoriais da Educación Ambiental en Europa e América Latina.
Dirixe proxectos de investigación e teses doutorais en España, Portugal, Brasil. México e Cabo Verde. Autor/coautor de máis de 100 monografías e artigos en revistas da especialidade.
Presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental e membro honorario da Academia Mexicana de Educación Ambiental. Premio María Barbeito de Investigación Pedagóxica (2009). Membro do Seminario Permanente sobre Educación y Comunicación sobre el Cambio Climático (Centro Nacional de Educación Ambiental-Oficina Española de Cambio Climático). Sendo estudante, foi membro do Claustro Constituínte da USC (1984-1986) e vicedirector da Residencia Universitaria do Burgo das Nacións (1985-1987).

