Elías J. Torres Feijó

Vicerreitoría de Planificación e Relacións Institucionais

(Tui, 1964) É Titular de Universidade no Departamento de Filoloxía Galega e Director do Grupo Galabra (de investigación nos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de lingua portuguesa) da Universidade de Santiago. A súa liña de investigación principal céntrase na metodoloxía de análise da literatura e a cultura. Como investigador e profesor convidado, estivo no Centro de Estudos Semióticos e Literários da Universidade do Porto – Instituto de Literatura Comparada da Faculdade de Letras da Universidade do Porto, no Centro de Estudos Humanísticos da Universidade do Minho, no Instituto de História Contemporânea da Universidade Nova de Lisboa, no Institut de Littérature Générale et Comparée – Paris III, na PUCRS -Porto Alegre, e na Universidade de Rostock. Foi vicerreitor de Cultura (2003-2009). Actualmente é presidente da Associação Internacional de Lusitanitas e director da revista Veredas.