O equipo
Este é o equipo que me acompañará no goberno da USC. Un equipo para facer aínda mellor a nosa Universidade. Compartimos unha mesma cultura universitaria e unha mesma cultura de goberno. Únennos ideas, principios e valores, non intereses. Reúnenos a nosa querencia pola Universidade de Santiago de Compostela.
A mellora da USC será o principio activo da nosa acción de goberno. Somos universitarios que confiamos nas capacidades da nosa universidade. Estamos comprometidos co autogoberno universitario como un espazo de codecisión, responsabilidade e colaboración, baseado no diálogo, o consenso e a vontade de integración. A mellor universidade é o proxecto que compartimos contigo.

