Con Lourenzo mellor
Agradecemento
Grazas a todos e a todas. Fixemos un traballo inxente, sentimos o alento das persoas e o cariño foi inmenso. Formamos unha pequena marea de futuro. Xeramos ideas que foron partilladas por un 43% da universidade e iso é impagable. Quedamos contentos co resultado. Só un pouco menos que se gañaramos. Aí estamos para todos e todas vós. Grazas.
A USC que mira ao futuro
O luns 24 de maio a USC ten que elixir entre dous modelos: o da Universidade que foi e o da Universidade que pode ser. Comprométome coa Universidade que pode ser, que mira ao futuro e non ao pasado. Non comparto nin a melancolía nin o fatalismo. Non podemos gañar os novos tempos nin afrontar os retos que se nos aveciñan camiñando cara atrás, conxugando e conxurando tempos pretéritos.
Unidade, universidade pública, calidade, e compromiso co País e coa xente da Universidade. Eses son os principios que deberan guiar á Universidade de Santiago de Compostela da segunda década do século XXI. Sobre estes valores, é tempo de lograr unha gran coalición de ideas. Non queremos apañar intereses, senón agrupar vontades para construír o futuro. Queremos ser unha forza de cooperación, que non de ocupación. Esa é a Universidade na que eu creo, e na que credes moitos e moitas de vós. Xa antes do 5 de maio comprometinme cun goberno para todos e todas, e, sobre todo, con todos e todas. Ese é meu estilo e o do meu equipo: o acordo e a busca de puntos de encontro.
O reto que se nos aveciña é o de sermos quen de remover todos os obstáculos para que a Universidade de Santiago de Compostela sexa todo o que poida chegar a ser. Conseguilo está nas mans de todos e todas os que queremos a esta universidade e sentimos orgullo dela. Neste camiño, o pasado xoves anunciei nun debate en Compostela o que serán as miñas primeiras dez medidas desde a Reitoría. É un decálogo co que esta candidatura quere comezar a avanzar no futuro da USC.
Comprometinme, en primeiro lugar, a ter un equipo de Goberno reducido, con só 7 vicerreitorías, no que o reitor ademais non terá asesores, no convencemento de que será máis eficaz e permitirá garantir a codecisión. Tamén avancei a aprobación dos Estatutos no último trimestre do ano. En terceiro lugar, garantiremos –e seremos a primeira universidade española en facelo– que todo o estudantado da USC poida facer un cuadrimestre noutras universidades, do Estado ou estranxeiras. A cuarta medida pasa por aprobar nos primeiros seis meses un plano estratéxico de investigación para a próxima década. Temos tamén que acabar coa burocracia inútil que afoga a docentes e xestores, apostando pola racionalización administrativa. Ademais, é necesario pór en marcha un plano de aforro, reducindo gastos protocolarios e administrativos. Como sétimo punto do decálogo, falei dunha reforma do regulamento do Consello Social para potenciar realmente o seu papel e ter unha máis eficaz relación coa sociedade. A oitava medida é un compromiso co Campus de Lugo, onde o reitor e os vicerreitores terán despacho fixo. En noveno lugar, abordaremos un plano de optimización informática. E o décimo, e importantísimo, pasa por alcanzar un acordo coa Xunta para un financiamento estable a dez anos, que garanta a sustentabilidade da Institución, que teña en conta o ben feito en docencia e investigación e que recoñeza o carácter singular da USC como universidade histórica, completa e internacional de Galicia.
Esas son as primeiras medidas dentro dun programa ambicioso para o futuro da USC, un programa que construímos coa colaboración e as achegas da comunidade universitaria. Sobre as ideas e valores que o rexen aspiro a integrar a ampla maioría que a Universidade de Santiago precisa como alicerce do seu futuro. Por iso vos pido que apoiedes co voso voto a Universidade que pode ser.
Derradeiro debate na Facultade de Medicina
Este xoves Lourenzo Fernández Prieto participou xunto co profesor Juan Casares Long nun multitudinario debate moderado por Susana López de Correo TV e gravado por diferentes medios. Neste debate repasaron as diferentes partes do programa a poucos días da xornada electoral da segunda volta. Se queres ver o vídeo do debate podes facelo clicando na seguinte ligazón.
<object width="560" height="340"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/wg6vIIp06z0&hl=en_US&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/wg6vIIp06z0&hl=en_US&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="560" height="340"></embed></object>
A Universidade que pode ser
A Universidade que pode ser está nas nosas mans, nas mans de todos e todas os que cremos nela, daqueles e daquelas que estamos orgullosos de ser da USC. Somos unha grande Universidade e debemos e sabemos dar mostra do que somos.
Queda agora unha segunda volta de cara á elección da nova Reitoría da USC e dúas opcións posibles. Agora é o tempo de decidir entre dous modelos: o da Universidade que foi e o da Universidade que pode ser. É tempo de contrapoñer eses dous modelos a través do debate, porque iso é o que a USC quere e esa é a obriga que temos con ela. E debemos facelo tanto no seo da comunidade universitaria como ante o conxunto da sociedade, porque a Universidade non pode vivir de costas á sociedade que é a súa razón de ser. Poñer trabas ao debate aberto sería regresar a modelos decimonónicos. Sería como poñer cancelas ao vento: a ese aire fresco da xente e do País que debe entrar na nosa institución por cada porta e por cada fiestra, porque é o que nos revive socialmente e a corrente que nos levará a un futuro no que as universidades sexamos parte da solución e non do problema.
O 5 de maio fixen unha proposta ao profesor Casares para a celebración de tres debates no seo da comunidade universitaria: un no Campus Norte, outro no Campus Sur e outro no Campus de Lugo. Sen condicións. Só dous foron aceptados: un terá lugar hoxe no Campus de Lugo, e o outro mañá en Compostela. Hoxe quero reiterar a miña oferta dun terceiro. Estou polos debates e irei a todos aqueles aos se me chame, porque ese é o meu estilo e o do equipo que me acompaña: o intercambio de ideas, o acordo e a busca de puntos de encontro. Ese é tamén o meu compromiso de goberno: un goberno para todos e todas.
Comprométome coa Universidade que pode ser, que mira ao futuro e non ao pasado. Non comparto nin a melancolía nin o fatalismo. Non podemos gañar os novos tempos nin afrontar os tempos que se nos aveciñan camiñando cara atrás. Quen recúa non avanza. O futuro gáñase desde a vangarda. Aí quero estar con todos e todas vós. Por iso, no primeiro día de campaña, pídovos que apoiedes a Universidade que pode ser co voso voto.
O estudantado co debate
Din que ben acaba o que ben comeza. Na véspera da campaña o día comezou ben e rematou ben. Pola mañá, cunha xuntanza na Facultade de Física; pola tarde, cun encontro dixital en El Correo Gallego e co debate organizado pola Sociedade de Debate de Competición da USC (SoDeCo).
O estudantado é a sociedade que está neste momento na Universidade. Debemos escoitar as súas propostas, porque a través deles chega o aire fresco que ten que renovar a Institución. Con iniciativas como a promovida hoxe por SoDeCo, demóstrase que o estudantado está polo debate, que a sociedade quere debate. Porque o debate de ideas é necesario para as sociedades democráticas e é necesario para a Universidade.
<object width="560" height="340"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/jRXRFQqUAWs&hl=en_US&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/jRXRFQqUAWs&hl=en_US&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="560" height="340"></embed></object>
O debate ten aínda unha tradición recente no noso País. Poida que por iso aínda haxa receos a enfrontarse limpamente coas ideas. O estudantado, os membros de SoDeCo, deron hoxe unha lección de cultura democrática. Son as xeracións da liberdade, e propoñen novas formas para alimentala dende a participación. Por aí vai o futuro.
Moitísimas grazas a todas e a todos
Polos vosos votos, polas vosas mensaxes de apoio e de forza, polo voso traballo e esforzo na gran campaña que fixestes, polo voso compromiso cunha universidade pública, galega e aberta ao mundo, por axudarnos a mellorar as nosas propostas para unha Universidade mellor, pola vosa participación e implicación nos asuntos da vida Universitaria, por achegarvos a nós e facernos preguntas e suxestións, por debater as ideas connosco, porque xuntas/os e unidas/os podemos mellorar a USC.
MOITAS GRAZAS
Lourenzo
Estamos na segunda volta
A candidatura de Lourenzo foi a segunda máis votada nas eleccións á reitoría da USC, a só dez votos da primeira, a de Juan Casares Long. Iso quere dicir que estamos colocados na segunda volta, a definitiva, que se celebrará o luns 24 de maio. Moitas grazas a todas e a todos por este voso primeiro apoio. Agora debemos xuntar aínda máis forzas para conseguir un cambio a mellor para esta Universidade.
“A USC vai elixir entre a Universidade que foi e a que pode ser”. Así se manifestou o catedrático de Historia Contemporánea e candidato á Reitoría da USC, Lourenzo Fernández Prieto tras coñecer o resultado das eleccións celebradas hoxe. Fernández Prieto agradeceu a ampla participación da comunidade universitaria e, especialmente, o apoio obtido: “Grazas aos votantes e ás votantes, votaran o que votaran, e especialmente a aqueles e aquelas que me deron hoxe o seu apoio, e a todos os candidatos e candidatas pola exemplar campaña electoral realizada”.
O candidato dixo que “a Universidade falou por primeira vez, e vaino facer agora unha segunda”. “Quedan debuxados dous modelos ben definidos: a Universidade que foi, e a que pode ser, a que podemos facer entre todos e todas, a que modestamente quero promover”, afirmou. “Presenteime para gañar e aspiro a construír unha amplísima maioría para logralo”.
Fernández Prieto dixo que a xente USC espera agora que se confronten estes dous modelos no debate aberto e académico. Por iso, convidará a Juan Casares Long para debater sen condicións diante da comunidade universitaria. O candidato propón a celebración de tres debates, no Campus Sur, no Campus Norte e no Campus de Lugo. “Mañá mesmo enviareille ao profesor Casares unha carta formal para solicitarlle estes tres debates, e de antemán estou seguro que estará disposto a debater”.
Grazas polo voso apoio. Vémonos o día 5.
Compañeiras e compañeiros, hoxe é o día final desta campaña. A última xornada dunha intensa xeira que comezou hai xa uns meses coa decisión de presentarme candidato a reitor da USC. Coa vosa simpatía saquei adiante esta candidatura, e agora que estamos en vésperas das eleccións, quixera agradecervos todo o voso apoio, comprensión e colaboración, dende todos os ámbitos da comunidade universitaria, para impulsar, de vez, un cambio a mellor nesta Universidade.
Despois desta campaña intensa, hoxe estou máis convencido que nunca de que o imos conseguir. Conto con todas e todos vós para votar o día 5 por ese cambio positivo, por esa Universidade pública, de calidade, aberta ao mundo e comprometida co país, que é a que sabemos, debemos e podemos facer. Moitas grazas de corazón. O futuro está nas nosas mans.
Saúde e saúdos,
Lourenzo
Cada voto conta
Lourenzo Fernández Prieto pechou hoxe en Compostela a súa campaña de cara á elección da nova Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, o próximo 5 de maio. En declaracións aos medios na Facultade de Ciencias Políticas, quixo lanzar a súa mensaxe de fin de campaña cunha chamada ao voto, no convencemento de que “cada voto é imprescindible para construír entre todos e todas a Universidade que queremos”. Neste senso, Fernández Prieto dixo que a súa candidatura “quere representar unha visión de como debe ser a universidade pública galega do século XXI”.
“Eu creo na Universidade, na USC; teño un modelo e unha idea de Universidade”, dixo, e por iso fixouse como meta “facer con todos e todas a mellor Universidade do mundo”, no convencemento de que “sabemos como facelo e podemos facelo”. “É o momento de crermos en nós mesmos”, engadiu.
“A nosa oferta é máis responsabilidade, máis flexibilidade e máis capacidade de decisión para os profesionais e as profesionais da Universidade, porque iso é o mellor para a Universidade”, explicou o candidato.
“Facemos unha aposta pola xente que traballa na Universidade”, recalcou. “Esta é unha aposta firme, decidida, sen complexos, sen medo e sen servidumes polo público, pola Universidade pública e de calidade”, engadiu. “A nosa oferta é menos dependencia, máis autonomía, máis suficiencia financeira e máis recursos, menos burocracia inútil e máis pór no centro do sistema ao estudantado, aos docentes e aos investigadores e investigadoras”, dixo.
Principios
“Temos unha idea do que debe ser esa Universidade do século XXI, de como debe pensar e funcionar, e facemos unha proposta baseada en valores e principios”, explicou o catedrático. Neste senso, sinalou os principios e alicerces do seu programa: unidade, universidade pública, calidade, e compromiso co país e coa xente da Universidade. “Como xa dixen o día da presentación da candidatura, temos orgullo por ser da USC, e buscamos a complicidade da xente, daqueles e daquelas que están fartos de que lles digan o que vai mal sen que ninguén dea solucións”.
“Goberno con e para todos e todas”
Fernández Prieto reiterou o compromiso de “gobernar para toda a Universidade, pensando nos problemas e nas oportunidades de todos e cada un dos que conforman a comunidade universitaria”. “O meu compromiso é un estilo diferente de Goberno: o acordo, traballar no que nos une e non no que nos separa”.
Peche de campaña
Ao longo da mañá, Fernández Prieto presentou o seu programa nas facultades de Bioloxía e Ciencias Políticas e Sociais. Pola tarde, pechará definitivamente a campaña cun acto con estudantes no Campus de Lugo.
As túas ideas: velaquí as propostas que incorporamos ao programa
Ao final foron 7 as propostas das que enviastes a esta web as que decidimos incorporar ao noso programa, e que levaremos a cabo se nos votades para o goberno da USC. O equipo da candidatura examinounas todas con atención, e viu que algunhas das ideas que mandabades xa estaban presentes no programa de maneira máis ou menos similar.
Aquí vos detallamos as propostas incorporadas, tanto as que non estaban no programa como as que si. Moitas grazas a todas e a todas pola vosa participación. Asegurámosvos que cando Lourenzo sexa reitor poderedes seguir contribuíndo directamente a facermos entre todos unha Universidade mellor.
Propostas preseleccionadas para a súa incorporación ao programa:
Organización de actividades de aprendizaxe de linguas aproveitando os alumnos/as Erasmus.
Abrir os espazos públicos da USC aos cidadáns, en concreto os xardíns da Casa da Balconada e da Biblioteca Xeral que deberían estar abertos polo menos durante o día.
Política activa na galeguización dos servizos, materiais, cursos e clases…
Publicar na Rede mediante unha licenza libre (Creative Commons) parte dos numerosos fondos propios da USC (libros, artigos, teses… e material audiovisual).
Fomento dos intercambios dos estudantes de Doutoramento con universidades estranxeiras de prestixio.
Fomentar máis o programa de acompañamento de estudantes.
Máis realización de actos deportivos conxuntos con outras universidades.
Propostas xa recollidas no programa:
1. Participación dos estudantes na xestión dos servizos.
2. Sistema transparente de comunicación nas residencias, con achega de propostas relacionadas con cada centro ou co sistema en xeral ao vicerreitor correspondente e a votación das mesmas, e tamén nas accións do vicerreitorado nas decisións que concernen aos residentes
Recóllense no programa, onde afirmamos que “tenderase á cooperación e ao cogoberno entre as Direccións dos Centros e os Consellos de Residentes, como un factor, por considerar que a correponsabilidade na toma de decisións, ademais dun principio programático do modo de funcionar da nosa Universidade, é tamén un aspecto da formación dos e das universitarias que se debe atender”.
3. Creación dunha liña regular de buses entre os campus de Santiago e o de Lugo.
Sendo complicada e pouco sostible a creación dun servizo regular propio, no programa aténdese á necesidade de afrontar a comunicación intercampus, cando se di “estudarase a posibilidade de dotar a USC dun sistema de transporte que poda atender, especialmente, viaxes por necesidades docentes, prácticas particularmente, comunicación inter-campus e desprazamentos de grupos de actividades culturais, deportivas ou doutra índole propias da USC”
4. Construción dun carril bici desde o Campus Norte ao Campus Sur.
Sendo a construción dun carril bici competencia do Concello e non da Universidade, no programa recóllese unha proposta nesta dirección, onde se aposta por “desenvolver un Plano de Mobilidade Sustentábel que facilite o uso da bicicleta, mellore a accesibilidade para persoas discapacitadas e potencie a circulación peonil nos nosos campus”.
5. Transparencia no resultado das enquisas a profesores.
Compartindo a idea de que a avaliación que o estudantado fai do profesorado ten que ter utilidade, no programa proponse que “a opinión dos e das estudantes é de máxima relevancia; para iso é preciso revisar a fondo o sistema de avaliación da satisfacción dos estudantes coa docencia. Temos que dotarnos dun instrumento de valoración recoñecido como válido e fiábel e tamén como útil por parte dos e das estudantes”.
6. Maior peso dos resultados económicos no acceso ás residencias.
Recóllese no programa, onde dicimos que “para a entrada no SUR primarase ás persoas con menores recursos económicos, e para a permanencia consideraranse un rendemento académico non inferior á media da titulación do/a estudante ou un número determinado de créditos superados, tendo en consideración a opinión das asociacións estudantís e dos Consellos das Residencias e Colexios Maiores”.
Transparencia e orzamento
Un dos piares en que imos apoiar a xestión eficaz na universidade é a transparencia. A información económica, o que se inviste e o que se obtén, ten que ser o máis pública posible. E ademais ten que entenderse. Como mostra do que faremos no reitorado, publicamos aquí a información relativa aos custos da campaña.
Como se financia a campaña?
A Campaña financiouse cos 4.000 euros da axuda institucional
que dá a USC a todos os candidatos, xunto coas doazóns e
achegas voluntarias de persoal da USC (profesorado e PAS). Contra o
final da campaña levamos recadado un total de 8.575 euros.
En que os gastamos?
Material gráfico en papel (cartaces, carpetas e autocolantes: 2.800 euros.
Comunicación e imaxe: 1.500 euros.
Deseño, comunicación web, vídeo e redes sociais (construción, mantemento, etc):9.727 euros.
TOTAL: 13.027 euros.
Quen traballa e colabora con nós?
Calquera campaña electoral inclúe moitísimo traballo voluntario, de ducias de colaboradores: membros da candidatura, os grupos de traballo do programa, compañeiros e compañeiras do PAS, do profesorado e do estudantado de Santiago e Lugo, que achegaron tempo, viaxes e desprazamentos entre os campus. E ideas, moitas ideas e mais a forza moral que moveu a nosa campaña.
O traballo de comunicación en internet e nas redes sociais desenvolveuno a empresa A Navalla Suíza, S.L., formada por ex estudantes e ex membros da Universidade de Santiago de Compostela.
Unha campaña en positivo
O catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto valorou hoxe o que foi a campaña de cara á elección o próximo 5 de maio da nova Reitoría da USC. En declaracións aos medios, o candidato a San Xerome quixo agradecer aos outros candidatos e candidatas “que aceptaran levala pola vía do debate e pola busca do que nos achega, máis que sobre o que nos separa porque esa era a campaña que quería a comunidade universitaria”. “Ese é o camiño e ese é o meu estilo”, apostilou.
Neste senso, Fernández Prieto comprometeu “un estilo diferente de goberno, o do acordo, o de traballar naquilo que nos une e non no que nos separa, como demostramos que podía facerse no Pacto por Medicina que asinamos todos os reitorables”. O catedrático reiterou que “gobernaremos con e para todos”. Tamén volveu incidir en que o proxecto que presenta a súa candidatura pasa por colocar a estudantes, docentes e investigadores no centro do sistema”.
O catedrático amosou a súa confianza en que “teñamos conseguido mobilizar á xente da USC”, porque, segundo dixo, “estamos diante dunha oportunidade histórica para construír entre todos a Universidade que nos gusta, a Universidade na que queremos estudar, ensinar e investigar”. Neste camiño, asegurou que “cada voto é necesario, é importante e é imprescindible para sacar adiante a universidade que queremos e sabemos facer”. E por iso, dixo, non se debe xogar cos votos.
Campaña
Na mañá de hoxe, Fernández Prieto presentou as súas propostas en Santiago, nas facultades de Química e Farmacia. Pola tarde, participará nun encontro dixital cos lectores de Xornal de Galicia e nun debate entre os reitorables no Campus de Lugo.
O proxecto que todos queremos para o Campus de Lugo
O catedrático de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto, asegurou hoxe en Lugo que cada voto conta para poder levar adiante o proxecto que todos e todas queremos para o campus lucense. Por iso, durante a súa visita hoxe á Escola Universitaria de Formación de Profesorado e á Facultade de Administración e Dirección de Empresas, fixo unha chamada á participación masiva na elección da próxima Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, o próximo 5 de maio.
Fernández Prieto reiterou o seu compromiso con Lugo: “Quero ser o reitor de Lugo e para iso estarei en Lugo”. O candidato xa adiantara hai uns días a súa intención de ter unha presenza permanente na cidade, con despacho fixo desde o que pensa atender canto menos unha vez por semana, igual que os vicerreitores e vicerreitoras. É necesaria unha presenza diaria, permanente e institucional de todo o equipo de Goberno en Lugo, dixo. “Eu non vou practicar o absentismo nin a delegación”, apostilou.
Segundo explicou, o seu proxecto pasa por completar e desenvolver o Campus de Lugo, mellorando a oferta de servizos (gardería, instalacións deportivas, de investigación, etc.) e desenvolvendo para el unha aposta de futuro.
Nesta estratexia de futuro, fixo referencia concreta á oportunidade que supón a apertura do mapa de titulacións: Hai que mellorar e ampliar a oferta de titulacións dende unha visión estratéxica, vendo cales son as máis axeitadas e con máis demanda. Segundo dixo, a apertura do chamado Mapa de Titulacións do SUG debe aproveitarse para lograr a consolidación do Campus de Lugo como o campus completo como se define na LOSUGA. “En estreita relación cos resultados da reconfiguración de títulos, débense centrar os esforzos en conformar unha oferta que non multiplique a xa existente no SUG, senón que incorpore novos títulos nos que o Campus de Lugo sexa referente único”. Tamén falou, en materia de investigación, do potenciamento de apostas estratéxicas para o país, como o Campus Agrario de Lugo.
Recta final de campaña
O candidato a San Xerome amosou a súa confianza en que “teñamos conseguido mobilizar á xente da USC”, porque, segundo dixo, “estamos diante dunha oportunidade histórica para construír entre todos a Universidade que nos gusta, a Universidade na que queremos estudar, ensinar e investigar”. Neste camiño, asegurou que “cada voto é necesario, é importante e é imprescindible para sacar adiante a universidade que queremos e sabemos facer”.
Fernández Prieto reiterou o compromiso de “gobernar con e para toda a Universidade, pensando nos problemas e nas oportunidades de todos e cada un e todas e cada unha dos e das que conforman a comunidade universitaria”. Así mesmo, asegurou que a súa é unha proposta por “situar a estudantes e docentes no centro do sistema”, nunha aposta pola xente da USC.
Campaña
Na mañá de hoxe, Fernández Prieto presentou as súas propostas en Lugo, na Escola Universitaria de Formación de Profesorado, e na Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Pola tarde, visitará a Facultade de Humanidades.
Na recta final da campaña
Quedan poucos dias para as eleccións á reitoria da USC. Se queres participar ou colaborar coa campaña de Lourenzo, aínda o podes facer de moitos xeitos.
1. Coñece o teu candidato e o seu equipo:
Mira a súa biografía
… e as biografías do seu equipo
Tamén podes ver un resumo da universidade que queremos en 10 puntos
E se queres profundizar, aquí tes o programa enteiro.
2. Coñece tamén os outros candidatos, é importante que coñezas toda a información:
Mercedes Brea
Jaime Gómez Márquez
Juan Casares Long
Laura Sánchez Piñón
Pilar Bermejo
Juan Varela Durán
3. Como funciona o sistema electoral?
Aquí tes un resumo
Se non podes ir votar o dia 5, podes votar anticipadamente
Baixa estes documentos con información sobre como e onde votar.
4. Descarga material:
Aquí tes o cartel
… e o cartel do equipo
Tamén temos autocolantes.
O programa en PDF
Vale, queres que gañe Lourenzo, nós tamén, hai aínda moitos xeitos de axudar:
5. Axudar na rede
Sigue a lourenzo nas redes sociais: Twitter, Facebook, Tuenti
Se tes blog podes compartir os seus videos
Tamén te podes apuntar aos eventos nas redes e invitar os teus amigos.
Difunde os seus videos, posts, etc. nas redes sociais ás que pertenzas.
Ves algún sitio onde se fale mal ou ben de Lourenzo? mándanolo a través do mail info@conlourenzo.org, pode que non o coñezamos
6. Achegar ideas
Podes comentar nos posts do blog aportando o teu punto de vista, será de grande axuda.
Envia ideas para o programa no foro de ideas, se está xa pechado podes votar as que che gusten.
Envianos un mail a info@conlourenzo.org coas túas inquedanzas sobre a USC, nunca é tarde.
Pregúntalle directamente a Lourenzo no taboleiro do Tuenti ou envíalle unha mensaxe.
7. Axudar no mundo real
Se queres asistir a actos aquí está a axenda para que poidas seguir o candidato.
Trae os teus amigos aos actos, seguro que hai algo interesante qu escoitar ou que preguntar.
Se estás con lourenzo dío publicamente, cómpre visibilizar o apoio.
Grava videos, saca fotos e envianolas, pode que sexan necesarias.
8. De moitos outros xeitos
Tes unha idea para axudar nestes últimos dias, chámanos e cóntanola, este é o noso teléfono 600 942 465. E o noso correo electrónico, info@conlourenzo.org.
9. O día das eleccións
A última e a máis importante: o 5 de maio vota a Lourenzo e convence os teus amigos e compañeiras para que tamén o fagan. Votando todas e todos saímos gañando, e se é por Lourenzo, mellor.
Poñamos a maquinaria da USC ao servizo de todos os investigadores
O catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, continuou hoxe en Santiago coa campaña de cara a elección da nova Reitoría da USC. Fernández Prieto centrou o seu discurso na investigación, onde apostou por pór a maquinaria de investigación da USC ao servizo de todos os investigadores. “Temos unha maquinaria de investigación moi potente e ten que estar ao servizo de todos os investigadores e todas as investigadoras, de todas as grandes áreas”, dixo.
<object width="560" height="340"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/kLgOvWosYbk&hl=en_US&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/kLgOvWosYbk&hl=en_US&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="560" height="340"></embed></object>
O candidato a San Xerome asegurou que “somos unha Universidade moi completa, cunha especialidade agraria en Lugo moi notable, con cinco grandes áreas nas que somos moi bos e moi competitivos, moi internacionais e líderes de investigación: en Humanidades, en Ciencias Sociais, en Ciencias Experimentais, en Ciencias da Saúde e nas áreas tecnolóxicas”. Para aproveitar ben este potencial, o catedrático dixo que é necesario “dar un xiro fundamental para sacar o mellor partido aos recursos da USC”. Neste camiño, sinalou que “os recursos de apoio á investigación teñen que ter a capacidade para atender a todos os investigadores e todas as investigadoras, que deben estar no centro do sistema”. Neste senso, volveu incidir no seu compromiso de “gobernar para toda a Universidade”.
Fernández Prieto asegurou que “vai funcionar mellor para todos”. Neste camiño, quere potenciar os servizos de apoio á investigación, para reducir e alixeirar a burocracia que afoga a investigadores e xestores”. “Afinar e potenciar a xestión da investigación permitirá mellorar e mesmo multiplicar as posibilidades da USC para aproveitar as capacidades investigadoras e facer emerxer outras”.
O candidato comprometeuse a promover dende o consenso, nos primeiros seis meses de mandato, a construción dun Plano estratéxico de investigación no horizonte da próxima década. Entre as medidas que recollerá este Plan figuran a mellora da captación de recursos, estatais e europeos, así como a busca na sociedade civil de cómplices da potencia investigadora da USC; a planificación do desenvolvemento das infraestruturas con criterios rigorosos de sustententabilidade; a captación dos mellores talentos para a USC; a posta en marcha de centros singulares de investigación no ámbito das Ciencias Sociais e as Humanidades; e o potenciamento na investigación de apostas estratéxicas para o país, como o Campus Agrario de Lugo.
Campaña
Na xornada de hoxe, Fernández Prieto presentou as súas propostas na Escola Universitaria Relacións Laborais, na Facultade de Dereito e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, e reuniuse cos colectivos de Ramón y Cajal e Parga Pondal, así como co PAS (persoal de administración e servizos).
Un equipo que gobernará para toda a Universidade
Na mañá deste luns presentamos o equipo de sete vicerreitoras e vicerreitores que acompañan a Lourenzo Fernández Prieto na súa candidatura a San Xerome. Un equipo que gobernará “para toda a Universidade”, en palabras do candidato a reitor.
“Este é o equipo que elixín, están comigo dende o primeiro día, e son a xente que eu quería e que a USC necesita”, afirmou Fernández Prieto. Destacou que é “xente que sabe facer Universidade ben, moi ben, e coa que gobernaremos para toda a comunidade universitaria”. “Todos cremos na mesma Universidade e nos mesmos principios. Únennos ideas, principios e valores, non intereses”, recalcou.
O candidato á Reitoría da USC volveu incidir nalgúns dos seus compromisos para a Universidade: acabar coa burocracia inútil, poñer a maquinaria da investigación ao servizo de todos os investigadores, colocar a estudantes e docentes no centro da Universidade e acadar, no primeiro ano de mandato, un acordo de financiamento estable coa Xunta.
Fernández Prieto xa adiantara a súa intención de formar unha equipa de goberno máis reducida, con só sete vicerreitorías.
Convidámoste a que coñezas os membros do equipo máis polo miúdo.
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="560" height="340" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/RbyKkJRnwlo&hl=en_US&fs=1&rel=0" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="560" height="340" src="http://www.youtube.com/v/RbyKkJRnwlo&hl=en_US&fs=1&rel=0" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>
Como votar anticipadamente
Lembra que se o día 5 de maio non vas estar na USC, podes votar anticipadamente os días 29 e 30 de abril e 3 de maio. Só tes que acudir ao Rexistro Xeral (na Reitoría de Santiago ou no Edificio de Servizos Administrativos en Lugo), de 9 a 14h, levando o teu DNI e unha fotocopia. Alí mesmo terás disponibles as papeletas.
E, para votar o día 5, lembra que:
Só o estudantado de 1º/2º ciclo e de Grao/Máster e o profesorado funcionario doutor, vota na súa Facultade ou Escola.
Se pertences a outro sector, podes consultar o lugar onde te corresponde votar, aquí.
Falamos no Tuenti
Facer unha campaña electoral no século XXI, e máis nun contexto universitario, require estar onde están os estudantes, non só para tratar de comunicarlles as túas ideas o máis directamente, senón para recibir un feedback franco e cercano.
Un dos principais lugares de encontro dos universitarios galegos do 2010 é o Tuenti. Hai unhas semanas fixen un perfil nesta rede e convoquei un evento para convidar os estudantes a participar nas eleccións á reitoría da USC o vindeiro 5 de maio. Cada día engado ducias de amigas e amigos e recibo varias peticións de amizade de xente que non coñezo, pero que se interesa por saber máis sobre as nosas propostas para a próxima etapa reitoral.
Moitos de vós preguntádesme directamente no taboleiro ou, sobre todo, mediante mensaxes privadas, e eu trato de contestarvos persoalmente. Os temas que máis vos preocupan van dende o Máster de Secundaria e os estudos de Medicina ata a presenza do galego no ensino ou o plan de Boloña. Preocúpavos moito a docencia, como é lóxico, pero tamén a xestión académica, os servizos e a calidade da información que recibides. Que é bastante pobre, polo que me contades. É prioritario eliminar a barreira da comunicación entre a institución e vós, e crear ferramentas máis eficaces e participativas, aproveitando ben as que xa hai e as que usades na vosa comunicación diaria.
As vosas preguntas, críticas e suxestións axúdanme a reflexionar a diario sobre a universidade que queredes e as vosas necesidades e demandas. Moitas grazas polo voso interese, seguimos falando. E espero que sigades sendo igual de esixentes cando sexa reitor para que poidamos ter unha universidade cada día mellor. Vémonos no Tuenti!
Captemos os mellores talentos para a USC
Hoxe presentámoslle o noso programa á comunidade universitaria das facultades de Filoloxía e Matemáticas. Alí, Lourenzo Fernández Prieto apostou por unha política académica e para o Persoal Docente Investigador (PDI) con normas duradeiras e procedementos de mellora axeitados. Neste ámbito, sinalou tres puntos fundamentais na súa proposta: a captación dos mellores talentos para a USC, a estabilización e a promoción na carreira académica, e a redución da burocracia que afoga a docentes e xestores, unha necesidade na que vén insistindo e que considera un eixo fundamental do que será a súa actuación desde San Xerome.
“Busco, en primeiro lugar, reducir a burocracia inútil que afoga innecesariamente aos docentes e aos xestores”, explicou. Por iso, adiantou que no primeiro ano de mandato revisará os procedementos de planificación e seguimento das titulacións para reducir os trámites e o papeleo inútil un 50%, garantindo a axilidade e a eficiencia administrativa para que funcionen ben os procedementos, coa planificación adecuada e o soporte –ben xerenciado– da administración universitaria.
<object width="560" height="340"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/YNrgFipmZe8&hl=en_US&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/YNrgFipmZe8&hl=en_US&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="560" height="340"></embed></object>
PDI
Na súa intervención, situou ao Persoal Docente e Investigador (PDI) como axente principal do desenvolvemento dos fins da Universidade: formación e investigación. “O principal activo da Universidade son as persoas, e a xestión racional dos recursos humanos de PDI é unha obriga de responsabilidade social da Universidade”, apuntou. Así, pretende planificar a estratexia adecuada “para captar aos mellores para a USC, e sacar o mellor dos que forman parte dela”. Esta planificación do cadro de persoal elaborarase de xeito consensuado, a través dunha Comisión Conxunta Claustro – Consello de Goberno, e presentarase ao Claustro para a súa aprobación.
No tocante á  captación de profesorado, sinalou dúas liñas orzamentarias, unha ordinaria para satisfacer as necesidades de docencia e investigación, e unha segunda extraordinaria, baseada no principio de captación dos mellores recursos humanos.
“Temos que garantir a renovación da plantilla, que se ten que producir porque nunha década xubilarase o 16%, e estamos falando de catedráticos e catedráticas con moitos sexenios, de profesores e profesoras que acumularon moita investigación, dunha parte do mellor que temos sen ningunha dúbida”. Por iso, é necesario asegurar unha renovación óptima, na que se capte aos mellores para a USC. Neste camiño, no seu programa propón un plan extraordinario de captación de PDI dirixido á atracción de talentos, e a evitar, como ocorre neste momento, que haxa moitos talentos da USC en moitas universidades estranxeiras. “Temos que intentar que estean aquí”, reclamou. “Iso é bo para a Universidade de Santiago como institución, é bo para os seus departamentos e grupos de investigación, e tamén é bo para o país”.
Estabilidade
Finalmente, Fernández Prieto tamén vinculou a calidade da USC coa grao de satisfacción, recoñecemento e estabilidade dos seus membros. “A Universidade de Santiago dotarase nos seis primeiros meses de mandato dun Plan de promoción e estabilización do seu cadro de PDI, que garanta o dereito lexítimo á estabilización e promoción profesional”.
Ademais, aludiu expresamente ás persoas en posesión da acreditación de cátedra, que contarán igualmente cun plan de transformación a curto prazo dirixido en primeiro termo a eliminar a actual bolsa de acreditados sen praza, e en segundo, a definir un modelo de promoción estable no tempo e nos criterios.
Neste senso, “debe evitarse definitivamente esa situación que ten 25 anos de bolsas de figuras de profesores, de habilitados no seu día, e neste momento de acreditados a cátedra”, dixo. “Hai que ter unha política de promoción duradeira, que defina un horizonte no que a xente poida promocionar, no que as persoas poidan pasar da situación na que están a unha situación máis consolidada”.
Máis recursos e máis eficiencia
Continuamos a nosa campaña cara ás eleccións á USC. Hoxe fixemos tres actos de presentación do seu programa: na Escola Universitaria de Enfermería, e nas Facultades de Física e Ciencias Económicas e Empresariais. Neste último centro, Lourenzo fixo unha aposta pola sustentabilidade da USC que pasa por dúas vías: “Acadar novas vías de ingreso e a eficiencia tanto no gasto como no investimento”.
Neste camiño, o catedrático reiterou o compromiso de asinar, no seu primeiro ano como reitor, un acordo de financiamento estable coa Xunta que dea cobertura a un período de dez anos. ”Este financiamento debe garantir en primeiro termo a sustentabilidade da USC, e financiar o ben feito en docencia, investigación e internacionalización”.
Precisamente, co fin de obter máis recursos, o candidato quere aproveitar estas grandes fortalezas da USC: ser unha Universidade moi investigadora (entre as 7 primeiras do Estado) e moi internacional (entre as 5 primeiras). “Isto permítenos conseguir moitos recursos e acceder a moitos xacementos”, dixo.
Entre as medidas anunciadas, Fernández Prieto sinalou a necesidade de planificar o desenvolvemento das infraestructuras programadas con criterios rigorosos e asegurando un rendemento no horizonte da autosustentabilidade, á vez que a institución xestionará a sustentabiliade das existentes. “Temos centros con deficiencias que hai que corrixir, como este de Económicas ou Dereito, por exemplo, e outros comprometidos e moi necesarios como Odontoloxía, Enfermería ou Ciencias da Educación”, dixo.
En materia de investimentos, sinalou varias vías. A primeira pasa por negociar o establecemento dun plano de financiamento dos investimentos das infraestruturas logradas con fondos FEDER pola USC coa Xunta, “para asegurar un marco de financiamento adecuado, garantista e realista”.
A segunda pretende comprometer aos Ministerios de Educación e Innovación no desenvolvemento das infraestructuras comprometidas coa USC (Centro de Patrimonio, Citev..) e negociando novas posibilidades con cargo ao fondo tecnolóxico, “tendo en conta a débeda histórica do Estado coas universidades galegas, ausentes dos orzamentos estatais no tocante ao financiamento de centros de investigación”.
“Comprométome a estar en Lugo para ser o reitor de Lugo”
Lourenzo Fernández Prieto abriu hoxe en Lugo a súa campaña de cara a elección, o próximo 5 de maio, da nova Reitoría da USC. En declaracións aos medios ao termo do acto de presentación do seu programa na Escola Politécnica, Fernández Prieto comprometeuse a “ser o reitor de Lugo”, e neste camiño adiantou que terá despacho aberto e permanente na cidade. “Lugo terá un reitor e unha xestión eficaz no campus”, asegurou.
Fernández Prieto ten previsto atender dende este posto cando menos unha vez á semana, no camiño de “garantir que a presenza institucional da Universidade de Santiago, a través do seu reitor, non vai ser unha cousa puntual de actos rituais e celebracións, senón que vai ser dinámica e permanente”. “Non practicarei o absentismo nin a delegación”, recalcou.
Ademais, para atender á especificidade deste campus, xa adiantou que no seu organigrama haberá unha vicerreitoría de Lugo. “É preciso atender a Lugo, á súa densidade institucional como provincia, aos concellos, á cidade histórica, aos medios de comunicación propios”, sinalou. “Isto ten que ser atendido e tamén recoñecido”, dixo. Na mesma lóxica, tamén o resto das vicerreitorías terán presenza permanente na cidade: “Precisamos unha presenza diaria, permanente e institucional de todo o equipo de Goberno”.
Fernández Prieto tamén salientou a importancia investigadora do campus agrario de Lugo, fundamental non só para a Universidade de Santiago, senón para todo o País: “Lugo é o espazo de coñecemento que ten a USC e que ten Galicia arredor do rural e do agro, e unha das claves da presenza internacional da Universidade, e iso hai que aproveitalo tamén dende o punto de vista da articulación institucional”.
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="560" height="340" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/0YwrwhY6tmE&hl=en_US&fs=1&rel=0" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="560" height="340" src="http://www.youtube.com/v/0YwrwhY6tmE&hl=en_US&fs=1&rel=0" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>
Haberá avances en materia de igualdade?
Coa situación de crise económica que estamos a vivir, son moitos e moitas os que se preguntan se as políticas de xénero se seguirán aplicando ou se son políticas que só teñen cabida en épocas de vacas gordas. Pois ben, hoxe facémonos eco desta cuestión que se formula en círculos políticos, económicos e sociais e trasladámola á Universidade de Santiago de Compostela para saber qué opina ao respecto o candidato a reitor Lourenzo Fernández Prieto.
Segundo o Catedrático de Historia Contemporánea, a  falta de recursos pode modificar o “como” dunha política de igualdade, pero nunca o obxectivo final. Fernández Prieto asegura que, a falta de cartos, hai que buscar solucións comprometendo a outros actores neste empeño e ideando accións innovadoras que non teñen por qué levar asociado un custo económico.
Cita, por exemplo, a necesidade de avanzar nas actuacións de visibilización das mulleres como xeradoras de coñecemento, de ciencia. “Todos coincidimos , con matices, na importancia das publicacións científicas na nosa profesión”, indica quen podería ser o próximo reitor da USC ao tempo que se compromete a buscar apoios e acordos para conseguir que nas bases de datos dispoñibles se identifiquen tamén os homes e as mulleres.
Deste xeito, recalca, poderíase saber que, entre os 336 autores máis citados no ámbito da economía e empresa, o número de mulleres non chega a 20 (o dato pode consultarse en  http://www.isihighlycited.com/).
Para invertir esta tendencia, Lourenzo Fernández Prieto insiste en que hai que comprometer ás editoriais e aos sustentadores das bases de datos para que incorporen de forma sistemática un campo que permita incorporar de forma transversal a perspectiva de xénero.
Estamos orgullosos da USC, e por iso queremos facela aínda mellor
O catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto iniciou hoxe a campaña de cara á elección, o próximo 5 de maio, da nova reitoría da USC. Fernández Prieto dixo presentarse co convencemento de que será a candidatura máis votada, porque “son moitos e moitas os que coma min queren esta Universidade e senten orgullo de pertencer a ela”.
“Durante estes días de precampaña, tiven ocasión de compartir impresións con moitos membros da comunidade universitaria, que serviron para reafirmarme na visión de que somos unha grande Universidade, de que sabemos facer Universidade”, dixo.
<object width="560" height="340"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/FynvCzMR9nU&hl=en_US&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/FynvCzMR9nU&hl=en_US&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="560" height="340"></embed></object>
O candidato sinalou que comparte con moita xente tanto o orgullo como as ansias de innovación, as ansias de mellorar a Universidade de Santiago. “Por iso sei que lles podo pedir o voto, que participen con nós para conseguir que a innovación trunfe” afirmou.
Fernández Prieto presentou esta mañá as súas propostas nas facultades de Filosofía, e Xeografía e Historia. Pola tarde, farao na de Ciencias da Comunicación e na Residencia Universitaria Monte da Condesa.
Lourenzo presenta a súa estratexia de investigación e internacionalización
O catedrático de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto, presentou hoxe en Compostela a estratexia de investigación e internacionalización recollida no programa da súa candidatura a San Xerome. O candidato ao reitorado da Universidade de Santiago dixo que a súa é unha aposta por “pór a potente maquinaria de apoio á investigación da Universidade ao servizo de todos os investigadores, que estarán no centro do funcionamento e da administración universitaria”.
Fernández Prieto aproveitou a súa intervención para debullar algunhas das medidas que se deberían levarse a cabo no futuro na USC. Entre elas, destacou a necesidade de mellorar a captación de recursos, planificar o desenvolvemento das infraestructuras con criterios rigorosos e de sustentabilidade, buscar a captación dos mellores talentos e estudantes para a USC, pór en marcha centros singulares de investigación no ámbito das ciencias sociais e as humanidades e potenciar na investigación as apostas estratéxicas vinculadas aos intereses do país, como o Campus Agrario de Lugo.
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="560" height="340" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/RP6WpWTC1Nk&hl=en_US&fs=1&rel=0" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="560" height="340" src="http://www.youtube.com/v/RP6WpWTC1Nk&hl=en_US&fs=1&rel=0" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>
A continuación recollemos as ideas clave en materia de investigación e internacionalización de Lourenzo Fernández Prieto:
Mellora na captación de recursos,  “un eixo importante será o favorecemento das alianzas internas para competir por eses recursos”, indicou. Como segundo eixo nesta tarefa, sinalou a construcción “dunha estratexia estable na busca de socios na sociedade civil, cómplices na estratexia de sustentabilidade da potencia investigadora da USC”. E adiantou que o impulso do I+D+i acompañarase do apoio ao “I+P” (investigación + pensamento) que constitúe a base do coñecemento científico.
Planificación para a autosustentabilidade, “evitar investimentos insostibles, na lóxica de colocar á xente, aos equipos de investigación, antes que os edificios” indicou Lourenzo Fernández.  Para iso, apuntou varias vías. A primeira pasa por negociar o establecemento dun plano de financiamento dos investimentos das infraestructuas logradas con fondos FEDER pola USC coa Xunta. A segunda, compromenter aos Ministerios de Educación e Innovación no desenvolvemento das infraestructuras comprometidas coa USC  “tendo en conta a débeda histórica do Estado coas universidades galegas, ausentes dos orzamentos estatais no tocante ao financiamento de centros de investigación”.
Ciencias Sociais e Humanidades, na asunción da USC como universidade completa, Lourenzo Fernández Prieto quere promover accións decididas e concretas no impulso das estratexias investigadoras en ciencias sociais e humanidades, para tirar proveito de todas as capacidades da institución no ámbito investigador. Por outra parte, reiterou a importancia de potenciar a captación dos mellores talentos a través dos programas dispoñibles de recursos humanos (Parga Pondal, Ramón y Cajal, Marie Curie e similares) aproveitados de xeito planificado e estratéxico.
Facer País, facer apostas estratéxicas vinculadas aos intereses do país, aglutinando aos actores socioeconómicos de Galicia, liderados pola Universidade de Santiago. Neste senso, Lourenzo Fernández aludiu expresamente ao Campus Agrario de Lugo, que debe converterse nunha referencia europea na xeración de coñecemento, tecnoloxía e innovación arredor agro como sector productivo e do mundo rural como espazo social e territorial.
Estratexia de Internacionalización: o Catedrático de Historia quer  impulsar, dunha forma intensiva ao longo dos catro anos de mandato, a adecuación transversal da USC ao seu carácter internacional e impulsar áreas como a de cooperación, ou o logro de accións en programas internacionais de prestixio.
USC-World: Fernández Prieto pretende tamén un mellor aproveitamento de todos os instrumenos e plataformas institucionais que participa ou impulsa a USC (Grupo Compostela, CEER..) para relanzar a súa internacionalización ao servizo do conxunto da institución, no ámbito das universidades públicas de Galicia-Norte de Portugal, no ámbito europeo ou latinoamericano. Ademais, adiantou que se van crear outras, como a USC-World, para conectar recursos da USC no ámbito académico e da I+D.
Na defensa dos dereitos dos estudantes
O máster de secundaria é un dos temas que máis preocupan neste momento aos estudantes da USC. Xa hai máis dun ano Lourenzo Fernández Prieto comentaba nas páxinas de La Voz de Galicia a súa oposición ao máster tal e como estaba formulado.
Na proposta  para a súa candidatura a reitor, a solución que propón Lourenzo ao problema  da escaseza de prazas pasa por incidir, no marco do Consejo de  Universidades, na reformulación do máster, para que se contemple como  unha formación específica unha vez superada a oposición e non como un  requisito previo. Entre tanto, haberá que traballar en medidas  específicas que non lesionen as expectativas previas dos estudantes de  licenciatura. A USC debe definir a súa propia oferta de prazas,  recuperando a capacidade organizativa que se cedeu en beneficio da Xunta  de Galicia.
Copiamos o  texto do artigo publicado a comezos do ano pasado.
Máster de secundaria
Lourenzo Fernández Prieto. La Voz de Galicia, 13/2/2009
A preocupación por como se concrete o futuro máster universitario de secundaria enche as aulas universitarias de incerteza. O máster é unha necesidade para dotar de formación adecuada ao futuro profesorado de secundaria. Servirá para superar o actual Curso de Adaptación Pedagóxica, popularmente coñecido como CAP, que se imparte dende os anos setenta, e debe converterse no instrumento para adaptar a formación en contidos das carreiras a unha competencia didáctica que permita aos docentes enfrontar as necesidades concretas dos estudantes.
O problema non é pois o máster de Secundaria senón a forma que adopte en España o modelo de formación do profesorado de secundaria. A conta da construción do espazo común europeo corremos o risco de españolizar Europa e de aproveitar a conxuntura para construír novas peaxes que nos afasten do modelo universitario europeo en vez de aproximarnos a el. O deseño dun máster previo á oposición e con prazas necesariamente limitadas corre o risco de converterse nun obstáculo innecesario para a saída dos egresados de moitas carreiras que, entre outras vías, contan tradicionalmente coa da oposición ao corpo de profesores. Reducir esta expectativa constitúe unha restrición innecesaria e prexudicial para moitos titulados das actuais licenciaturas e un mal agoiro para futuros aspirantes aos graos que axiña se implantarán. Tal como está prevista a súa implantación, que restrinxe a posibilidade de opositar aos que posúan o máster, significa rematar con máis de 150 anos de cultura práctica: a posibilidade de opositar despois da licenciatura (agora grao).
Ademais crea problemas prácticos sen resolver respecto de como recoñecer aos graduados europeos que queiran ser docentes aquí. Esta reinterpretación autóctona pode ser unha peaxe que non está inscrita no modelo europeo. Boloña é o contrario dunha autarquización que faga derivar o número de prazas do máster dunha relación forzada entre oferta de prazas en secundaria?/?demanda de graduados, medida no marco das comunidades autónomas españolas á que parece abocar este sistema. En ningures está escrito que un licenciado en Bioloxía en Compostela non poida rematar dando clase en Cataluña ou en Flandres, como de feito acontece agora, pero dificultarase no futuro. Demasiadas incógnitas para unha fórmula boa de aplicarse ben.
Haberá que decidir se o que se quere é mellorar a formación dos docentes de Secundaria ou regular o acceso á universidade pola porta faxeira. A universidade pública europea e tamén a galega foi un instrumento inmellorable de igualación social nos últimos corenta anos e a redución innecesaria das expectativas de saída dos titulados pode minguar esa posibilidade considerablemente. ¿E que acontecerá coa oferta privada? O adelgazamento da universidade pública como instrumento de mobilización social ascendente sería unha consecuencia do establecemento dun modelo de máster selectivo e limitante. Todos os males anunciados polos agoireiros do modelo de Boloña confirmaríanse de vez. A solución ten que pasar por un máster que se realice despois da oposición como período de formación obrigado para o acceso á función docente e ao corpo de profesores.
Lourenzo potenciará os servizos porque son bens e ferramentas sociais
Como xa fixo con outras iniciativas do programa, Lourenzo Fernández Prieto, presentou hoxe en Compostela a estratexia de cultura e servizos recollida no programa da súa candidatura a San Xerome, en liña cos principios de universidade pública, compromiso, codecisión, calidade e país que guían a súa proposta. O candidato ao reitorado da USC dixo que a súa é unha aposta “para pór en valor o que é de todos, porque a Universidade é custodia de bens públicos que deben ser postos ao servizo da sociedade”. Entre as súas principais apostas están as residencias universitarias, a Universidade de Verán, e a creación dun Centro de Difusión e Coñecemento do Patrimonio Cultural e Científico.
Neste camiño, Fernández Prieto fixo especial mención a medidas dirixidas ao estudantado, porque “son a sociedade que está neste momento na Universidade”. O catedrático reiterou a importancia da súa participación na vida universitaria, recalcando o seu compromiso por promover mecanismos efectivos que garantan esa participación.
Lourenzo Fernández Prieto afirmou que “os servizos da USC son bens e ferramentas sociais, e non un premio”. Asegurou que para que a Universidade siga a ser un instrumento de ascendencia e igualación social, os servizos de apoio aos estudantes son esenciais.
Neste senso, fixo referencia ás residencias universitarias, propoñendo que os criterios económicos primen no acceso, e o rendemento académico garanta a permanencia. No mesmo campo, avogou por impulsar tamén unha maior participación do estudantado no goberno de residencias e colexios maiores.
O candidato ao reitorado aludiu a outros aspectos como a calidade dos comedores universitarios e aos convenios para abaratar o transporte, que serán tamén obxecto de atención para garantir as posibilidades dos estudantes con menos recursos.
Sen esquecer os servizos de apoio directo ao estudo (bibliotecas, Centro de Linguas Modernas, entre outros) ligados á Política Académica, destacou a importancia dos servizos complementarios para a formación transversal dos e das estudantes.
Así, adiantou a súa proposta para o servizo de deportes, que será unha ferramenta a favor da integración e a diversificación, e dos hábitos de vida saudables. “Retomaremos o impulso aos equipos mixtos, a novas prácticas deportivas e, en colaboración co Servizo de Vixilancia da Saúde, ao fomento do deporte para o coidado da saúde”. Nesta área, tamén sinalou que as instalacións deportivas, propias ou conveniadas, deben optimizarse e tenderán ao autofinanciamento.
Na liña do compromiso medioambiental, de ter espazos máis sostibles e saudables, e para favorecer a mobilidade, Fernández Prieto apostou ademais polo fomento do uso de transportes limpos, como a bicicleta, moi estendidos xa na comunidade universitaria.
Outra das iniciativas anunciadas polo catedrático de Historia Contemporánea dentro do seu programa é a creación dun Centro de Difusión e Coñecemento do Patrimonio Cultural e Científico, que permitirá, a través de exposicións permanentes e temporais, dar a coñecer o Patrimonio da Universidade e difundir o coñecemento xerado polos grupos e centros de investigación.
O candidato a San Xerome fixo ademais especial fincapé no apoio aos grupos culturais e artísticos nacidos da propia comunidade universitaria. Trátase, segundo dixo, de dotalos, alén de axudas puntuais, de espazos de encontro e recursos permanentes de uso común.
Entre as súas propostas, Fernández Prieto quere “reconstruír a Universidade de Verán”. Trátase de desenvolvela, nun salto cualitativo desde os actuais cursos de verán, en conexión cos concellos e outras entidades públicas, e progresando cara á internacionalización.
10 razóns para votar a Lourenzo
Porque queres unha comunidade universitaria unida, que tome decisións compartidas.
Porque queres ter información útil do que pasa, queres participar e ter as mellores canles para facelo.
Porque queres a mellor formación en Europa, cun profesorado comprometido na docencia e cos mellores medios, para sacar o mellor de ti.
Porque queres que o goberno da túa Universidade loite para ter máis recursos, busque novas formas de financiamente e, sobre todo, aproveite mellor os seus recursos.
Porque queres que o goberno da túa Universidade sexa menos burocrático e máis eficaz, e queres unha xestión cercana que atenda ás túas necesidades.
Porque queres unha Universidade aberta á sociedade, pública e comprometida co país.
Porque tamén queres unha Universidade que asuma sen complexos a súa condición de europea e internacional, que siga potenciando a mobilidade e acolla talento de todo o  mundo.
Porque queres unha Universidade que investigue ao máis alto nivel, cunha política científica estratéxica que aproveite os recursos de maneira intelixente e non por acumulación.
Porque queres innovación e calidade, e porque sabes que 500 anos de historia e tradición son a nosa base para o futuro, non unha lousa que nos impida avanzar.
Porque sintes orgullo da túa Universidade e porque queres que se recoñeza o teu traballo e o teu título. Porque aquí estamos os mellores, e ímolo demostrar.
Con Lourenzo, melloraremos esta Universidade entre todas e todos.
Queremos máis debates
<object width="560" height="340"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/Q8iPTRcN8Mw&hl=en_US&fs=1&rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/Q8iPTRcN8Mw&hl=en_US&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="560" height="340"></embed></object>
Lourenzo participou onte no debate organizado polo Foro Galicia Milenio na Fundación Caixanova. Esperamos que este fora o primeiro da serie de debates que Lourenzo propuxo aos reitorables para a posta en común de ideas arredor da Universidade e para que a comunidade que conforma a USC poida ver que cousas os unen e que os separa. Nas intervencións que tivo onte no Foro, Lourenzo aproveitou para reiterar aos seus compañeiros/as candidatos/as a proposta de máis debates, sectoriais e por campus. Insistiu en que pola súa parte iría a todos sen pór ningunha condición. “É algo positivo, interesante, que permitirá elixir e sobre todo permitirá contrastar, debater e exercitar algo marabilloso que é a democracia universitaria”.
No decurso do debate, Lourenzo dixo non compartir a melancolía nin o fatalismo na visión da USC. Recalcou que o seu é un programa baseado nos principios de universidade pública europea, compromiso, codecisión, calidade e país. A medida que avanzaba o debate seguindo as liñas temáticas introducidas polo Foro Galicia Milenio, volveu incidir nalgunha das medidas propostas no seu programa, que xa tiña anunciado ao longo da última semana, e que podedes consultar máis polo miúdo noutros posts do blog ou na propia web. Antes do inicio oficial da campaña o martes, Lourenzo irá debullando as súas propostas programáticas ata completar todas as áreas estratéxicas, como xa fixo coa estratexia de goberno, a estratexia académica, e a estratexia xerencial, financeria e de infraestruturas. Manterémosvos ao día.
Lourenzo comprométese a asinar un acordo estable de financiamento coa Xunta no seu primeiro ano de mandato
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="560" height="340" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/Z8ZbuwP0pyU&hl=es_ES&fs=1&rel=0" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="560" height="340" src="http://www.youtube.com/v/Z8ZbuwP0pyU&hl=es_ES&fs=1&rel=0" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>
Se o luns coñecíamos a estratexia académica da candidatura de Lourenzo Fernández Prieto á reitoría da USC, hoxe foi tempo para coñecer a  súa estratexia en materia de financiamento. O Catedrático de Historia  presentou hoxe en Compostela a estratexia xerencial e  financeira recollida no programa da súa candidatura a San Xerome, en  liña cos principios de universidade pública, compromiso, codecisión,  calidade e país que guían a súa proposta. Trátase, segundo explicou, de  facer que “unha moi boa Universidade, como é a de Santiago, mellore neste campo para garantir a sustentabilidade en termos económicos”.
Lourenzo Fernández Prieto,  comprometeuse hoxe a asinar, no primeiro ano como reitor da Universidade  de Santiago, un acordo de financiamento estable coa Xunta de Galicia  que dea cobertura a un período de 10 anos.
O candidato ao reitorado explicou que, como principal instrumento para a  negociación coas Institucións e para a elaboración das liñas xerais dos  orzamentos anuais, se fará un Informe de Planificación Financeira por  escenarios de posibilidades, que será coñecido pola Comunidade  Universitaria.
Fernández Prieto indicou dúas claves no camiño de conseguir a  sustentabilidade: “Acadar novas vías de ingreso e a eficiencia no  investimento”. Sobre o primeiro eixo, sinalou que o acordo coa Xunta  debe, ademais de garantir en primeiro termo esta sustentabilidade da  Universidade, financiar o ben feito en docencia, investigación e  internacionalización. Propuxo, neste senso, o establecemento de  obxectivos a cumprir mediante contratos-programa e fondos por  obxectivos. “A converxencia europea non pode facerse a custe cero, e a  sociedade sábeo”, recalcou.
Co fin de obter máis recursos, o catedrático quere aproveitar as grandes  fortalezas da USC: “Ser unha Universidade moi investigadora –entre as 7  primeiras do Estado– e moi internacional –entre as 5 primeiras–  permítenos acudir a xacementos de recursos moi importantes, tanto no  ámbito docente coma no investigador”. E puxo como exemplo o Campus de  Excelencia Internacional e outros programas como o EMECW (Erasmus Mundus  External Cooperation Window). Sobre isto, fixouse como obxectivo  duplicar os recursos captados no ámbito estatal e europeo, así coma no  sector privado.
Na súa intervención, Lourenzo Fernández Prieto considerou imprescindible:
1. Reorganizar e actuar actuar sobre a estrutura de gasto e as formas de asignación de recursos.
2. Introducir unha cultura xerencial para os novos tempos, superadora da lóxica da xerencia como sinónimo de xefatura persoal, para cambiala por outra que impulse o papel dos administradores dos centros.
3. Que a comunidade participe na definición de prioridades para así planificar da mellor maneira en todas as   unidades e dimensións da USC.
Nesta nova etapa da Universidade de Santiago,  a “planificación” érguese como  un concepto  chave para definir o futuro económico da USC. Segundo Lourenzo Fernández, “a planificación, e a negociación da mesma cos centros, debe servir para evitar o desequilibrio entre a abundancia de recursos para novos edificios e a ausencia de tratamento dos xa existentes –algúns con  deficiencias que poden repercutir no seu normal funcionamento-, ou para cubrir necesidades longamente reclamadas como os edificios de Ciencias da Educación ou Odontoloxía, entre outros”.
Tes algunha idea para mellorar a USC?
Lourenzo Fernández Prieto entende que gobernar a USC é contar coa opinión de todos e todas. Por iso, te animamos a que se tes algunha idea para mellorar esta Universidade, non dubides en facérnolo saber. Só che levará 20 segundos rexistrarte e, de seguido, no apartado “As túas ideas” poderás expoñer a túa proposta ou votar por aquela que máis che guste.
De entre as 5 ideas máis votadas de todas as que nos vaiades enviando durante a campaña electoral, Lourenzo Fernández Prieto e o seu equipo elexirán unhas cantas e incluiranas no seu programa. E se é a túa?
No seguinte vídeo, Manuel Fernández Grela, explica na Facultade de Historia en que consiste o Programa Aberto da candidatura de Lourenzo Fernández Prieto:
<object width="560" height="340"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/NZ5Sdifk-Fk&hl=es_ES&fs=1&;rel=0"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/NZ5Sdifk-Fk&hl=es_ES&fs=1&rel=0" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="560" height="340"></embed></object>
As 6 claves da estratexia académica de Lourenzo
Presentámosche a modo resume as claves da estratexia académica recollidas no programa candidatura ao reitorado de Lourenzo Fernández Prieto:
Reducir a burocracia inútil que afoga a docentes e xestores e garantir unha administración ao servizo de estudantes e profesores/as.
Consolidar o Campus de Lugo como campus completo e referente único, fronte á recente perda de titulacións.
Reformular o Máster de Profesorado en Secundaria para cursalo unha vez superada a oposición como solución máis xusta para o estudantado.
Garantir, de xeito imprescindible, a participación dos estudantes no desenvolvemento dos novos títulos.
Facer unha planificación estratéxica do cadro de persoal para a captación dos e das mellores docentes e investigadores.
Impulsar a estabilización e a promoción na carreira académica como fortaleza e mellora da USC.
Lourenzo presenta a súa estratexia académica no Campus de Lugo
O catedrático de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto, presentou esta mañá en Lugo a estratexia académica recollida no programa da súa candidatura ao reitorado da Universidade de Santiago. Trátase  dunha estratexia académica asentada nos principios que articulan a súa  proposta: Universidade pública europea, compromiso, codecisión, calidade  e país.
Fernández Prieto constrúe unha estratexia docente para o futuro da Universidade de Santiago buscando afortalar a universidade pública. “É  un compromiso decidido pola formación do estudantado universitario galego e por situar á USC como referente pola súa calidade para a atracción de novos e novas estudantes”, dixo.
O candidato ao reitorado evidenciou que o proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior que se ten feito “precisa con urxencia  unha racionalización no uso dos recursos”. Neste senso, sinalou que a nova estratexia académica será unha das prioridades no tocante a financiamento.
“Busco, en primeiro lugar, reducir a burocracia inútil que afoga innecesariamente á comunidade docente e  xestora”, explicou. Por iso, adiantou que no primeiro ano de mandato revisará os procedementos de  planificación e seguimento das titulacións para reducir os trámites e o papeleo inútil un 50%, garantindo a axilidade e a eficiencia  administrativa para que funcionen ben os procedementos, coa  planificación adecuada e o soporte –ben xerenciado– da administración  universitaria.
A continuación, dase conta das propostas concretas da estratexia académica de Lourenzo Fernández Prieto presentadas hoxe en Lugo:
Desenvolvemento dos estudos de Grao
O catedrático de Historia Contemporánea apunta a necesidade de facer un  seguimento da posta en marcha dos títulos. Neste camiño, sinala que como  reitor, adoptará o compromiso de articular mecanismos de participación  efectiva do estudantado no seguimento e avaliación dos estudos.
Outro alicerce da estratexia de Fernández Prieto aséntase sobre o  efectivo recoñecemento do compromiso do profesorado coa docencia. Deste  xeito, o seu programa recolle o fomento do intercambio de experiencias  de mellora docente, aproveitando, por exemplo, as vías de mobilidade do  Erasmus.
No tocante ás prácticas preprofesionais, Lourenzo Fernández considéraas  como un dos obxectivos primeiros na definición das necesidade de financiamento. Neste campo, ten pensado facer unha demanda decidida ás  institucións públicas e un esforzo para garantir as experiencias do estudantado no mundo laboral.
Campus de Lugo
O candidato ao reitorado, apunta á apertura do Mapa de Titulacións do  Sistema Universitario Galego, “que debe aproveitarse para lograr a  consolidación do Campus de Lugo como o campus completo que define a Lei  de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia”.
Estudos de Máster
No tocante aos estudos de Máster, Fernández Prieto é partidario de  definir obxectivos para articular a oferta, atendendo á tipoloxía e á  demanda. Neste tema, en canto á oferta de másters de orientación  profesionalizadora, pretende garantir aos graduados a posibilidade de  especialización de máster. E nos másters de investigación, aposta por concentrarse nos campos con potencial investigador punteiro e nos campos emerxentes de claro potencial científico polos que a USC aposte con capacidade de liderado.
Unha mención especial neste campo é o Máster Universitario en  Profesorado de Educación Secundaria. Na opinión de Fernández Prieto, a  solución ao problema da escaseza de prazas pasa por incidir, no marco do  Consejo de Universidades, na reformulación do mesmo, para que se contemple como unha formación específica unha vez superada a oposición, e  non como un requisito previo. Entre tanto, traballar en medidas  específicas que non lesionen as expectativas previas dos e das estudantes de licenciatura.
Organización académica
Lourenzo Fernández Prieto adiantou hoxe en Lugo que nos primeiros seis meses de mandato formulará, dacordo cos centros e os departamentos, un  novo modelo de organización académica que sirva para definir as  necesidades docentes a atender. Será un modelo superador da medida da  “hora de docencia presencial”, incidindo na flexibilidade, a  corresponsabilidade e o recoñecemento do papel central de facultades e  escolas na organización académica.
Persoal docente e investigador
Na súa intervención no Campus de Lugo, situou ao Persoal Docente e  Investigador (PDI) como axente principal do desenvolvemento dos fins da  Universidade: formación e investigación. Fernández Prieto pretende planificar a estratexia adecuada “para captar ás e aos mellores para a USC, e  sacar o mellor dos e das que forman parte dela”. Esta planificación do cadro  de persoal elaborarase de xeito consensuado, a través dunha Comisión Conxunta Claustro – Consello de Goberno, e presentarase ao Claustro para a súa aprobación.
No tocante á captación de profesorado, sinalou dúas liñas orzamentarias,  unha ordinaria para satisfacer as necesidades de docencia e  investigación, e unha segunda extraordinaria, baseada no principio de  captación dos mellores recursos humanos. Trátase de “proxectar a USC  como potencia investigadora”.
Finalmente, Fernández Prieto tamén vinculou a calidade da USC coa grao de satisfacción, recoñecemento e estabilidade dos seus membros. “A  Universidade de Santiago dotarase nos seis primeiros meses de mandato  dun Plan de promoción e estabilización do seu cadro de PDI, que garanta o dereito lexítimo á estabilización e promoción profesional”.
Ademais, aludiu expresamente ás persoas en posesión da acreditación de cátedra, que contarán igualmente cun plan de transformación a curto  prazo dirixido en primeiro termo a eliminar a actual bolsa de acreditados sen praza, e en segundo, a definir un modelo de promoción estable no tempo e nos criterios.
Lourenzo participa no almorzo de El Correo Gallego
Os sete candidatos á Reitoría da USC fronte ao Hostal dos Reis Católicos. Foto:Antonio Hernández. El Correo Gallego.
Lourenzo Fernández Prieto, xunto co resto de candidatos á Reitoría da USC, participou no café de redacción organizado polo Grupo Correo Gallego no Hostal dos Reis Católicos. Sen dúbida, o almorzo constituiu unha boa oportunidade para coñecer as claves dos proxectos dos reitorables e a súas opinións sobre os asuntos de actualidade que máis afectan á Universidade de Santiago. Entre eles, a posibilidade de pacto entre os candidatos, a saúde económica da USC e as cuestións relativas ao Selo Campus Vida.
En canto a un posible pacto con algún dos candidatos, Fernández Prieto foi claro. “É evidente que estamos divididos”, asegurou, ao tempo que puxo de manifesto que “quen sexa reitor ou reitora terá que superar a fragmentación con concertación, sobre un proxecto definido, de futuro, e iso terá que ocorrer na segunda volta”.  O catedrático de Historia Contemporánea engadiu que el estaría disposto no caso de que se producise unha integración de principios e valores coincidentes.
No campo económico, o máis delicado pola situación de crise e de débeda que debe encarar a USC, os sete candidatos coinciden en que se debe, por unha parte, negociar un novo plan de financiación das tres universidades galegas coa Xunta que garantice a obtención de recursos incondicionados e, por outra, artellar unha política interna baseada na eficacia, na que a obtención de recursos teña como base o alcance dos obxectivos. Neste senso, Fernández Prieto quixo insistir en que a lóxica que rixa a Universidade en materia económica non debe ser a da austeridade, senón a da “competencia e capacidade”.
No tocante ao selo Campus Vida, Lourenzo Fernández asegurou que a consecución desta distinción de excelencia internacional é unha bendición para a USC, polo que segundo el “debe ser unha oportunidade para conseguir moitos máis recursos fóra, non para drenar os de dentro”.  Trátase dunha cuestión que o que podería ser novo Reitor da Universidade de Santiago contempla no seu programa ao comprometer un vicerreitor ou vicerreitora que, aínda que non estará dedicado en exclusiva a Campus Vida, se ocupará en boa medida de relanzar o selo de excelencia.
Se queres saber máis sobre o café de redacción de El Correo Gallego, preme aquí.
Lourenzo presenta os cinco principios do seu programa
Lourenzo Fernández Prieto, no centro, acompañado polo seu equipo. Foto: Ramón Escuredo. El Correo Gallego.
Xa se van coñecendo as liñas básicas do programa da candidatura de Lourenzo Fernández Prieto á Reitoría da USC. Polo dagora, teremos que agardar para saber cales son as súas propostas no referente ás estratexias académica, científica, de calidade e da nova Xerencia da Universidade compostelá, que se avanzarán nos próximos días, pero, a cambio, xa temos claro cales serán os puntos fortes do seu programa.
O candidato á Reitoría da USC, arroupado polo seu equipo, presentounos na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela. Falou de cinco principios: Universidade Pública, Compromiso, Codecisión, Calidade e País.
A idea de Fernández Prieto é crear unha nova cultura universitaria que supere a división e o corporativismo mal entendido e que aposte pola cooperación entre todos os axentes implicados na Universidade de Santiago de Compostela. Un discurso que dito por outra persoa non deixaría de ser unha mera declaración de intencións, pero que no caso do aspirante a novo Reitor se traduce en propostas efectivas.
Lourenzo Fernández propón a creación dun equipo de Goberno máis pequeno, con 7 vicerreitorías, e tamén aposta por duplicar a representación dos centros e do Claustro no Consello de Goberno.
Sen dúbida, unha das grandes preocupacións do Catedrático de Historia é a participación do estudantado. Neste senso, recalcou a necesidade de promover e garantir que os e as estudantes estén presentes nos niveis e canles xa existentes, como as comisións de seguimento das titulacións ou os órganos colectivos ordinarios.
O candidato a reitor expresou a súa aposta firme, decidida, sen complexos e sen servidumes por unha universidade pública de calidade. “A  nosa oferta é menos dependencia, máis autonomía, máis suficiencia financeira e máis recursos”, dixo, sendo tamén “máis eficaces e  transparentes para a sociedade”.
Neste senso, reafirmou o seu compromiso de asinar, no primeiro ano de  mandato, un convenio de financiamento estable coa Xunta para os próximos dez anos.
Lourenzo Fernández Prieto falou de abrir as portas e as xanelas da  Universidade para que entre o aire fresco da sociedade e do país. Con  este fin, apuntou á reforma do Consello Social da USC, para convertelo nun órgano de asesoramento efectivo e ampliar os sectores sociais  representados.
Na lóxica do diálogo, volveu insistir na proposta xa feita de  celebración de debates entre os candidatos ao reitorado, para a que dixo agardar resposta, “a fin de que a xente poida saber que queremos facer  cada un de nós e por que hai sete reitorables”.
O catedrático de Historia Contemporánea sintetizou o programa no lema  “Sabemos facer Universidade”, e explicou o proceso de elaboración da súa  proposta programática. Nos últimos meses celebráronse reunións con case 400 persoas, entre profesores, estudantes e PAS, que aínda están colaborando. Trátase, segundo dixo, de acumular masa crítica para o cambio.
Acompañaban a Lourenzo Fernández Prieto nesta presentación boa parte dos membros do equipo de redacción do programa da súa candidatura:
- David Araújo Vilar: Profesor titular de Medicina. Vicedecano da  Facultade de Medicina.
- Francisco Carracedo Doce: Xefe do Servizo de Xestión Económica.
- Gumersindo Feijoo Costa: Catedrático e director do Departamento de  Enxeñaría Química.
- Manuel Fernández Grela: Profesor titular de Fundamentos da Análise Económica e membro do Consello Científico do IDEGA.
- Xerardo X. García Mera: Profesor titular de Química Orgánica da  Facultade de Farmacia.
- Álvaro Gil González: Profesor contratado doutor de Edafoloxía e  Química Agrícola. Membro do grupo de investigación do Instituto de  Cerámica de Galicia.
- Pablo Á. Meira Cartea: Profesor titular de Educación Ambiental.  Facultade de Ciencias da Educación.
- Socorro Rodríguez Holguín: Profesora titular de Psicoloxía Clínica e  Psicobioloxía. Decana da Facultade de Psicoloxía.
- Jesús Rodríguez Requena: Profesor contratado doutor de Medicina.  Investigador adscrito ao Centro de Investigación en Medicina Molecular e  Enfermidades Crónicas (CIMUS).
- Elías J. Torres Feijó: Profesor titular de Filoloxía Galega.
- José Luis Veiga Goy: Técnico especialista en Actividades Deportivas da  Área de Deportes.
- Juan M. Monterroso Montero: Profesor titular de Historia da Arte.  Decano da Facultade de Xeografía e Historia.
- Rosa Varela Puga: Profesora titular de Escola Universitaria.  Departamento de Dereito Público Especial. Secretaria da Facultade de  Administración e Dirección de Empresas.
- Mª do Mar Pérez Fra: Profesora contratada doutora. Departamento de  Economía Aplicada.
- Xoán Carlos Carreira: Catedrático de Escola. Departamento de Enxeñaría  Agroflorestal.
- Francisco Javier López González: Profesor colaborador do Departamento  de Enxeñaría Agroforestal.
- Ana I. García Árias: Profesora titular de Escola Universitaria.  Departamento de Economía Aplicada.
- Marcelino Maneiro Maneiro: Titular de Universidade. Departamento de  Química Inorgánica.
- Celia Besteiro: Titular de Universidade. Departamento de Bioloxía  Animal.
- Mª del Carmen Rodríguez Pérez: Profesora Titular de Universidade.  Departamento de Bioloxía Vexetal.
- Buenaventura Cabezas del Toro: Titular de Universidade. Departamento  Microbioloxía.
- David Miranda Barros. Profesor contratado doutor. Departamento de  Enxeñería Agroforestal.
- Xosé Ramón Veiga Alonso. Profesor titular de Universidade.  Departamento de Historia Contemporánea.
– Antonio Villamarín: Profesor titular de Universidade. Departamento de  Bioquímica e Bioloxía Molecular.
- Esther Martínez Piñeiro. Profesora titular. Departamento de Métodos de  Investigación e Diagnóstico en Educación.
Benvidos todos e todas
Benvido e benvida ao meu blog, un espazo no que poderás coñecer de primeira man as propostas da miña candidatura para o futuro da Universidade de Santiago de Compostela.
Como ben saberás, a USC formámola todos e todas e é por iso que todos e todas temos dereito a facernos escoitar. Dende aquí, anímote a que participes nas eleccións do próximo 5 de maio e neste blog, onde darei resposta ás dúbidas, críticas, ideas e suxerencias que nos achegues.
Estamos na fin dun modelo de universidade nacido hai 25 anos, que cumpriu a súa función pero que remata definitivamente no 2010 coa  converxencia europea.  O cambio é necesario e inevitable, pero hai que asegurar que o sentido do cambio sexa o do futuro.
Contamos contigo.