// 3 de Maio, 2010 // Comments Off // Blog de Campaña
Un dos piares en que imos apoiar a xestión eficaz na universidade é a transparencia. A información económica, o que se inviste e o que se obtén, ten que ser o máis pública posible. E ademais ten que entenderse. Como mostra do que faremos no reitorado, publicamos aquí a información relativa aos custos da campaña.
Como se financia a campaña?
A Campaña financiouse cos 4.000 euros da axuda institucional
que dá a USC a todos os candidatos, xunto coas doazóns e
achegas voluntarias de persoal da USC (profesorado e PAS). Contra o
final da campaña levamos recadado un total de 8.575 euros.
En que os gastamos?
- Material gráfico en papel (cartaces, carpetas e autocolantes: 2.800 euros.
- Comunicación e imaxe: 1.500 euros.
- Deseño, comunicación web, vídeo e redes sociais (construción, mantemento, etc):9.727 euros.
TOTAL: 13.027 euros.
Quen traballa e colabora con nós?
Calquera campaña electoral inclúe moitísimo traballo voluntario, de ducias de colaboradores: membros da candidatura, os grupos de traballo do programa, compañeiros e compañeiras do PAS, do profesorado e do estudantado de Santiago e Lugo, que achegaron tempo, viaxes e desprazamentos entre os campus. E ideas, moitas ideas e mais a forza moral que moveu a nosa campaña.
O traballo de comunicación en internet e nas redes sociais desenvolveuno a empresa
A Navalla Suíza, S.L., formada por ex estudantes e ex membros da Universidade de Santiago de Compostela.