Transparencia e orzamento

Un dos piares en que imos apoiar a xestión eficaz na universidade é a transparencia. A información económica, o que se inviste e o que se obtén, ten que ser o máis pública posible. E ademais ten que entenderse. Como mostra do que faremos no reitorado, publicamos aquí a información relativa aos custos da campaña.

Como se financia a campaña?

A Campaña financiouse cos 4.000 euros da axuda institucional que dá a USC a todos os candidatos, xunto coas doazóns e achegas voluntarias de persoal da USC (profesorado e PAS). Contra o final da campaña levamos recadado un total de 8.575 euros.

En que os gastamos?

  • Material gráfico en papel (cartaces, carpetas e autocolantes: 2.800 euros.
  • Comunicación e imaxe: 1.500 euros.
  • Deseño, comunicación web, vídeo e redes sociais (construción, mantemento, etc): 9.727 euros.

TOTAL: 14.027 euros.

Quen traballa e colabora con nós?

Calquera campaña electoral inclúe moitísimo traballo voluntario, de ducias de colaboradores: membros da candidatura, os grupos de traballo do programa, compañeiros e compañeiras do PAS, do profesorado e do estudantado de Santiago e Lugo, que achegaron tempo, viaxes e desprazamentos entre os campus. E ideas, moitas ideas e mais a forza moral que moveu a nosa campaña.

O traballo de comunicación en internet e nas redes sociais desenvolveuno a empresa A Navalla Suíza, S.L., formada por ex estudantes e ex membros da Universidade de Santiago de Compostela.